"Aquí o medo dá a man ás lectoras e lévaas canda el a coñecer o seu mundo"

Wait 5 sec.

“Hai moito tempo que nos coñecemos. Son o Medo e só busco a vosa atención”. Así comeza a carta de presentación do novo libro de Nuria Díaz, ¿De qué tienes miedo? Guía ilustrada de terrores de la A a la Z, publicado por Lunwerg. En medio das celebracións do Samaín, citámonos coa ilustradora e deseñadora gráfica para debullar o papel que xogan os medos nas nosas vidas