A choiva que este venres caeu de forma practicamente continua durante toda a xornada deu unha tregua este sábado para permitir a conmemoración do día de todos os santos. Os camposantos levan días con actividade, con trasfega de persoas limpando e decorando con flores as súas lápidas e panteóns, preparando o fin de semana grande no que, tradicionalmente, reciben as visitas de miles de persoas. Os pontevedreses rendéronse, de novo, á tradición e, animados pola falta de choiva e, nos momentos centrais do día, polo sol, este sábado encheron os corredores dos cemiterios. O cemiterio municipal de San Amaro, o máis grande do municipio, foi, como é habitual, o máis concorrido, cos corredores e accesos cheos desde primeira hora da mañá até ben entrada a tarde. Pero en todos os da comarca, en gneneral, sucedéronse as mesmas imaxes. Houbo quen esperaron até o último día para levar as flores para honrar aos seus defuntos e outros que tan só acudiron aos oficios relixiosos, pero, en xeral, todos acudiron para lembrar aos que xa non están. En San Amaro, os files de mediodía puidéronse cruzar co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira Anabel Gulías, que acudiron para saudar aos traballadores municipais e as obras de mellora que se están facendo no camposanto municipal. [galleries:vertical:10825]