A ilegalidade dun aval presentado pola empresa viguesa levou o país sudamericano a anunciar a rescisión do acordo para a construción de dúas patrulleiras. A compañía ofrécese a presentar outra garantía para evitar unha ruptura que se encamiña cara á vía xudicial e que pode prexudicar o conxunto do sector.