Os cemiterios de Marín, listos para conmemorar o Día de Defuntos

Wait 5 sec.

Todos os cemiterios municipais de Marín están xa totalmente acondicionados para a conmemoración esta fin de semana do Día de Todos os Santos e o Día de Defuntos. Nas últimas semanas, os servizos municipais levaron a cabo labores de limpeza, mantemento e mellora nos distintos camposantos da Raña, O Campo e Ardán. A intención é que veciños e visitantes poidan render homenaxe aos seus seres queridos nas mellores condicións. Ademais, moitas familias dedicáronse estes días á limpieza de nichos e lápidas e á colocación de flores. Desde o Concello agradecen "enormemente" a colaboración no mantemento do ornato dos cemiterios. A alcaldesa, María Ramallo, destacou que estas datas "son moi importantes" para as familias marinenses, e por iso desde o goberno municipal traballan cada ano para que os cemiterios "estean en perfecto estado e ofrezan un entorno coidado e digno". O Concello de Marín, de cara a estes días, agradece a colaboración da cidadanía e solicita que se respecten as normas de convivencia ante a maior afluencia de usuarios.