Sabemos que agardabas outro episodio dos 'Paisajes progresivos', así que para gusto de todos os padais: de todo un pouco. Alberto Pazo trae esta vez unha selección que combina o recordo coa actualidade. Que hai para escoitar?: "mergullámonos nos sons e ambientes do deserto con Camel. Alucinamos co estado de forma de Jon Anderson, aos seus oitenta anos, con The Band Geeks e tamén uns anos antes con Roine Stolt". Para manter o pavillón alto: "lembramos a Gungfly e coñecemos un avance do novo de Spock's Beard. Dámonos un xute de enerxía extra co último de Soniq Circus e deixámonos empapar un pouco pola melancolía con Karfagen e Nick Magnus". Pechando a edición, completa "homenaxeando a Rick Davies, que nos abandonou para sempre deixándonos orfos do seu bo facer. Que o gocedes".