World Aquatics confirma a Pontevedra como cuarta parada da Copa do Mundo de Natación Artística en 2026

Wait 5 sec.

A Federación Internacional de Natación, World Aquatics, confirmou e posto data á Copa do Mundo de Natación Artística que se celebrará o próximo ano 2026 por primeira vez en Pontevedra. O acordo alcanzado pola Boa Vila, tal e como xa avanzou no seu momento o alcalde de Pontevedra, é para os próximos tres anos. Nesta ocasión o organismo internacional vén de publicar o calendario completo da Copa do Mundo de 2026, que fará parada en catro continentes. De feito Pontevedra será a cuarta cita ctras Medellín (Colombia), París (Francia) e Xi'an (China) e antes da Superfinal que se celebrará en Toronto (Canadá). No que respecta á Boa Vila, a Copa do Mundo de Natación Artística celebrarase entre o 29 e o 31 de maio no Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños. Será un evento moi especial para a Selección Española, un dos equipos sen dúbida a seguir tras as súas últimas grandes actuacións a nivel internacional. De feito, as catro veces campioa do Mundo, Iris Tió, recoñeceu en declaracións a World Aquatics que "cada vez que actuamos na casa sentimos o apoio incrible da xente. O ambiente é único, e poder vivilo de novo en Pontevedra será moi especial". A de 2026 será a décima edición que se celebre a Copa do Mundo de Natación Artística, e a oitava vez que conte cun evento dentro de territorio español.