Jéssica Bouzas, co seu mellor ranking a tiro no WTA 250 de Osaka

Wait 5 sec.

A tempada aínda non finalizou para Jéssica Bouzas, que apura os seus últimos torneos do curso cun bonito reto. A tenista arousá, actual número 40 do rámking mundial, aspira a pechar o ano marcando o mellor posto da súa carreira na clasificación mundial e de paso o mellor de sempre para unha xogadora galega. Bouzas teno a tiro esta mesma semana no WTA 250 que se está a disputar en Osaka, Xapón. A xogadora de Vilagarcía xogou este martes o seu primeiro encontro do torneo, superando a estadounidense Katie Volynets, procedente da previa, por un claro 6-2 e 6-4. Desta forma avanzou até os oitavos de final, nos que se medirá á romanesa Jacqueline Cristian, número 47 do ranking e á que vén de gañar en Beijing. De gañar este encontro, os puntos que sumará permitiranlle superar o seu teito histórico, ese posto 40 do mundo que tamén chegou a alcanzar a pontevedresa Lourdes Domínguez no ano 2006.