Conversas na Ferrería #244: A comedia con Borja Cobeaga e Anna R Costa

Wait 5 sec.

Borja Cobeaga e Anna R. Costa comparten a profesión de guionistas e directores. Nesta ocasión, tamén este podcast, aproveitando a súa presenza no programa de actividades previas con motivo da próxima edición dos Premios Feroz en Pontevedra. Abrimos charla co humor, a comedia, como primeiras cuestións. Cobeaga conta no seu haber profesional con títulos tan exitosos como 'Ocho apeliidos vascos' e os seus títulos máis recentes son a película 'Los aitas' e a serie 'Su Majestad'. Pola súa banda, Costa conta con outra serie para plataformas, de satisfactoria crítica, como foi 'Arde Madrid' e máis recente 'Fácil'. Dado que varios destes (e outros) traballos tiveron como canle as plataformas de streaming, expomos como para directores e guionistas, supón traballar para estas canles. E preguntamos tamén por outros proxectos da súa traxectoria e en que están inmersos neste momento. E atención neste punto porque vén unha grata sorpresa para o público seriéfilo. Non podemos facer spoiler, así que tardas xa en darlle ao play.