O cisneísta Xoel Lago, ao Mundial U17

Wait 5 sec.

A canteira do Club Cisne Balonmán volverá estar representada nun gran evento internacional. A Selección Española Xuvenil contará cun dos seus xogadores no Campionato do Mundo U17 que se vai a disputar en Casabranca, Marrocos. Trátase de Xoel Lago, único representante dun club galego na lista de 16 xogadores ofrecida polo técnico nacional, Raúl Entrerríos. O lateral esquerdo do Cisne deberá unirse á concentración da Selección o domingo 19 de outubro. No que respecta ao Mundial, os Hispanos Xuvenís debutarán o venres 24 de outubro ante Corea. Despois, na fase inicial do campionato, van enfrontarse o domingo 26 de outubro a Catar e o martes día 28 a Tunes. Xoel Lago convenceu o seleccionador polo seu rendemento en concentracións previas e torneos amistoso. Raúl Enterríos afirmou que acoden ao Mundial "con ilusión, compromiso e o desexo de representar a España do mellor modo posible" formando "un grupo que combina experiencia en categoría promesas con outros xogadores que participaron en xornadas de tecnificación e que agora comezan o seu camiño coa selección española". Ver esta publicación en Instagram Una publicación compartida por Club Cisne Balonmano (@clubcisnebalonmano)