Tecnoloxía ao servizo do espazo público: a capital estrena maquinaria de limpeza

Wait 5 sec.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, presentou este luns os primeiros vehículos que se incorporan ao servizo de limpeza do espazo público, dentro do novo contrato de xestión de residuos asinado coa empresa concesionaria Prezero. Acompañado polo concelleiro responsable do servizo, Xaquín Moreda, puideron comprobar en directo o funcionamento da nova maquinaria. Entre os primeiros equipos que comezan a operar atópanse 10 carriños portacaldeiros eléctricos, unha varredora con tres cepillos e auga a presión, e 5 dos 11 vehículos auxiliares previstos para o traballo diario de limpeza na cidade. O alcalde subliñou que estes novos carriños representan unha importante mellora para as condicións laborais do persoal que traballa na rúa, xa que, por exemplo, contan cunha pequena hidrolimpadora para actuar en zonas concretas. En canto á nova varredora —a primeira de cinco—, explicou que é diésel para garantir unha maior potencia. Pola súa parte, os vehículos auxiliares, que son eléctricos, encargaranse das tarefas no ámbito periurbano e rural, e están preparados para recoller residuos sólidos. Ademais, Fernández Lores adiantou que nos vindeiros meses incorporaranse máis novidades, como triciclos eléctricos que operarán tanto en zonas urbanas como en barrios e áreas periféricas. Tamén están previstos os novos 15 camións de recollida para as distintas fraccións de residuos, así como a instalación dos colectores amarelos e a posta en marcha de novos centros de compostaxe comunitaria. Toda esta nova maquinaria comezará a funcionar de inmediato e forma parte da campaña institucional do Concello "Responsábeis", baixo a cal se enmarca o novo contrato de xestión de residuos. Nova maquinaria do servizo de limpeza viaria do Concello de Pontevedra PontevedraViva 10 carriños portacaldeiros eléctricos (ECARR): compactos, eficientes e cómodos Estes carriños son 100% eléctricos, moi fáciles de manexar e contan cun deseño modular e robusto. Pensados para facer máis áxil o traballo diario, dispoñen de: Dous contedores extraíbles de 70 litros na zona central. Dous compartimentos dianteiros, ideais para gardar material, con toma USB para cargar dispositivos. Pantalla de visualización, onde se pode consultar o aceso, a porcentaxe de batería ou as horas de uso. Tamén inclúe sistema GPS para localización. Inclúe cepillo e pa, elementos básicos para o mantemento do espazo público. A nivel técnico, destacan por ter un chasis lixeiro de aluminio ou aceiro inoxidable. Velocidade máxima limitada a 8 km/h, con regulador. Batería de litio de 36V e 20Ah situada na parte traseira. Equipo aspirador de excrementos con depósito de 10 litros. Sistema de limpeza con auga a presión (10 litros de capacidade e 7 bares de presión). Rodas estabilizadoras para superar bordos, con pendentes de ata o 20%. Capacidade total de 140 litros e carga máxima de 80 kg. Nova maquinaria do servizo de limpeza viaria do Concello de Pontevedra PontevedraViva 9 vehículos auxiliares eléctricos bicompartimentados con hidrolimpador (Group G4L) Estes pequenos vehículos están deseñados para moverse sen problema por zonas de difícil acceso. Completamente eléctricos, funcionan con baterías de alto rendemento e dispoñen dunha caixa aberta basculante, fabricada en aluminio, con alzas abatibles, e capacidade de 3,1 m³. Hidrolimpador de alta presión (130 bares, 7 litros por minuto), con depósito de 200 litros e mangueira de 15 metros cun sistema de enrolado automático. Motor eléctrico con velocidade máxima de 50 km/h, autonomía de ata 199 km e carga completa en 10 horas en calquera enchufe estándar (230V). Cabina para dúas persoas e módulo GPS integrado para localización. Funcionamento automático sen necesidade de embrague nin cambio de marchas. Nova maquinaria do servizo de limpeza viaria do Concello de Pontevedra PontevedraViva 1 Varredora Dual Aebi-Schmidt Cleango 500: potencia e precisión para as rúas A nova varredora é unha máquina de gran capacidade, equipada con tres cepillos que permiten un varrido eficaz e silencioso, ideal para grandes zonas urbanas. Entre as súas características principais destacan: Motor diésel potente, con velocidade de varrido de ata 18 km/h e desprazamento ata 40 km/h. Tres cepillos, dous principais de 900 mm e un terceiro móbil con inclinación hidráulica. Sistema de aspiración de gran volume cunha boca de 670 mm. Moega de 5 m³ para recoller residuos. Dobre sistema de baldeo no teito con mangueira autorretráctil de 15 m. Sistema de auga combinado: un depósito principal de 700 litros e un adicional de 1.200 litros. Incorpora kit de cloración automática antilexionela e sistema de recirculación de auga. Cámara 360º e monitor en cabina, para unha visión completa do entorno. Cabina ampla, panorámica e insonorizada, con tres prazas e suspensión confortable. En conxunto, esta nova maquinaria supón un salto cualitativo no servizo de limpeza da cidade, apostando por vehículos máis eficientes, silenciosos e respectuosos co medio ambiente, ao tempo que melloran as condicións de traballo do persoal. Un paso máis cara a unha Pontevedra máis limpa, sostible e coidada. [galleries:vertical:10782]