O malagueño Alejandro Turriziani, vencedor do Pontevedra International Open M15

Wait 5 sec.

A edición 2025 do Pontevedra International Open M15, torneo masculino do circuíto ITF, xa ten gañador. Trátase do malagueño Alejandro Turriziani, que este domingo se impuxo ao portugués Tiago Torres na final do torneo disputado en e Club de Tenis Pontevedra pondo o broche a unha intensa semana deportiva. No medio dun gran ambiente nas instalacións da Caeira, Turriziani impuxo un xogo agresivo e variado para dominar a primeira manga por un tenteo de 6-3. No segundo set reacción o seu rival, chegando a colocarse 2-5. Con todo, tras unha acción polémica, Tiago Torres perdeu a súa concentración e Alejandro Turriziani aproveitou a ocasión para gañar os sisguiente 5 xogos e pechar o partido cun 7-5 gañando o seu primeiro torneo ITF. O sábado xa se disputou pola súa banda a final do cadro de dobres, na que os estadounidenses Maxwell Exsted e Enzo Wallart venceron o británico William Nolan e o suízo Adrien Burdet en dúas mangas (7-5, 7-5).