Un Medio Maratón de Pontevedra con "todos os ingredentes necesarios" para triunfar

Wait 5 sec.

Conta atrás para vivir a XXX edición do Medio Maratón de Pontevedra, XLIII Gran Fondo. A popular proba deportiva, que se celebrará este próximo domingo 19 de outubro con récord de participación, foi presentada oficialmente no Concello de Pontevedra. A previsión da organización, a cargo da Sociedad Gimnástica, é que participen até 2.100 atletas nas súas diferentes distancias, unha vez peche a inscrición para os menores de idade. Os anotados para os 21,1 quilómetros son 1.196 atletas (a só 4 do límite), mentres que nos 10 quilómetros participarán 665 corredores. "É unha proba que ten todos os ingredentes necesarios", destacou o presidente da Federación Galego de Atletismo, Iván Sanmartín, sobre o éxito de participación. Un dos seus grandes atractivos seguirá sendo"un circuito precioso, bonito y muy rápido por el centro de la ciudad", destacou pola súa banda o director do evento, Víctor Riobó, acompañado entre outros pola concelleira de Deportes, Anabel Gulías; a presidenta da Sociedad Gimnástica, Charo Castro; e a directora territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Blanca García-Señoráns. No que respecta á competición, os encargados de abrir a proba serán os atletas en idade escolar ás 10.15 horas no interior do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Despois chegarán as saídas, desde a ponte dos Tirantes, dos 10 quilómetros ás 10.30 horas e por último do Medio Maratón ás 11.00 horas.