O BM Guadalaxara da liga Asobal, rival do Cisne na Copa do Rei

Wait 5 sec.

A Real Federación Española de Balonmán sorteou este martes a primeira rolda da Copa do Rei, na que participará un ano máis o Club Cisne Balonmán. O resultado dese sorteo deparou para os pontevedreses un encontro ante un rival da máxima categoría, a Liga Asobal. O rival en cuestión será o BM Guadalajara, que visitará por tanto o Pavillón Municipal dos Deportes nunha eliminatoria que se disputará a partido único. Un equipo que iniciou a tempada na parte baixa da táboa de Asobal, ocupando actualmente o posto 14 con 2 puntos no seu marcador. "As noites de Copa do Rei son sempre especiais. O ano pasado lembramos cun sabor moi doce o día que gañamos a Puente Genil na casa", afirmou tras o sorteo o segundo adestrador cisneísta, Roi Gallego. Por iso, asegura "imos con moita ilusión, a gozar e a competir ao máximo". Todo iso sen perder o foco do importante e "sabendo que o noso obxectivo é a permencnia na División de Honra Prata", defende o técnico. A falta de fixar o horario do partido, a primeira rolda da Copa do Rei entre Cisne e Guadalajara disputarase en Pontevedra o mércores 5 de novembro. 🏆 Ya está resuelto el sorteo de la primera fase de la #CopaRey2026! 🔴 Estos son los emparejamientos: 👉 @HCEivissa - @BalonmanoBurgos 👉 @BalonmanoSoria - @AnaitasunaBM 👉 @bbaseoviedo - @BmHuesca 👉 @bmpuertosagunto - @BM_Caserio 👉 @OARCorunaBM - @BalonmanoNava… pic.twitter.com/RvQSxT3dUL — RFEBalonmano (@RFEBalonmano) October 14, 2025