Fondos reservados para a Vía Verde destinaranse a mellorar a eficiencia enerxética e acústica do mercado

Wait 5 sec.

O compromiso da Deputación Provincial de Pontevedra para executar a Vía Verde entre Pontevedra, Ponche Sampaio e Arcade a través do antigo trazado ferroviario levou ao goberno local a cambiar os seus plans e destinar ao mercado municipal os fondos reservados para o proxecto. O Concello tiña reservado sobre medio millón de euros para esta Vía Verde con cargo ao Plan de Sustentabilidade Turística en Destino, unha iniciativa que recibiu dous millóns de euros con cargo aos fondos europeos Next Generation. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, explicou que unha vez que existe este "compromiso" da Deputación e "por tanto, o Concello non ten posibilidades de gastar ese diñeiro", redefiniron o proxecto. Dentro do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino entra tamén o mercado municipal e queren destinar eses fondos á mellora da eficiencia energéntica e a eficiencia acústica desta instalación municipal. O asunto chegará o vindeiro luns 20 de outubro ao pleno da Corporación de Pontevedra, a través dunha modificación das contías do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino. O asunto xa se negociou na Xunta de Voceiros celebrada este martes para que chegue a pleno independentemente dos posicionamentos de cada un dos partidos, coa intención de "tentar aproveitar" ese medio millón de euros que xa sería operativo destinar á Vía Verde "potenciando a organización e os investimentos no mercado de abastos".