Dous detidos en Pontevedra por tráfico de drogas tras ser sorprendidos en plena rúa

Wait 5 sec.

Axentes da Policía Nacional da Comisaría Provincial de Pontevedra detiveron dous veciños da cidade como presuntos autores dun delito de tráfico de drogas. Segundo fontes oficiais da Comisaría Provincial, os sospeitosos foron interceptados mentres realizaban distintas transaccións de droga en plena rúa. Nun dos casos, tras ser identificado, un dos detidos levaba ocultos entre as súas pezas ao redor de 2 gramos de haxix e outros 2 gramos de cocaína, ademais dunha cantidade de diñeiro fraccionado en billetes de pequeno valor. Na segunda intervención, os axentes localizaron no interior dunha "riñonera" varios gramos de haxix e cocaína, así como un envoltorio de plástico con 89 pastillas de MDMA (cristal) de cor rosa. Estas actuacións enmárcanse nas operacións habituais levadas a cabo pola Policía Nacional para combater o pequeno tráfico de drogas e desarticular os denominados "puntos negros" de venda na cidade. Desde a Comisaría destacan o labor do Grupo de Prevención da Delincuencia, pertencente á Brigada de Seguridade Cidadá, pola súa implicación nestas actuacións que buscan garantir a seguridade nas rúas da cidade.