O Ravachol Pontevedra imponse nun duelo de titáns ante o Huesca

Wait 5 sec.

O Ravachol Pontevedra impúxose pola mínima (4-3) ao Huesca nun duelo vibrante que quedou resolto no último punto do último partido. Co liderado en xogo, o equipo pontevedrés mostrouse sólido nos dobres, con especial protagonismo do mixto formado por Sidharth Ani e Jessica Lily, que logrou levar un choque en grao sumo igualado (10-11 11-6 9-11 8-11). En dobres masculino, Gabriel e Marco Fernández nada puideron facer ante Alejandro Gállego e Gonzalo Isabal, que se levaron o duelo por un claro 3-0 tras remontar no último xogo un marcador en contra de 0-5 (11-4, 11-7, 11-9). En dobres feminino, a parella formada polas británicas Georgina Eileen e Jessica Lily foi claramente superior e levaron o triunfo ante Sonia da Cunha e Xuliana Giraldo (6-11 9-11 10-11) para sumar un novo punto para o Ravachol Pontevedra antes de encarar os enfrontamentos individuais (1-2). O duelo invididual feminino entre Ana Novoa e Xuliana Giraldo caeu a favor da xogadora local, que levou o mando en todo momento e non viu perigar o choque en momento algún (11-3, 11-5, 11-3). O que tamén perdeu o seu partido foi Gabriel Fernández, que cedeu 11-4, 11-5, 9-11, 11-8 ante Natxo Cervelló, pondo de cara a contenda a favor do Huesca (3-2). Sidharta Ani saíu ao rescate do Ravachol, mostrándose máis efectivo nos momentos decisivos fronte a Alejandro Gállego, o que lle valeu para levar o triunfo por 10-11 6-11 7-11 e deixar toda a presión para Iziar Barcala no duelo definitivo. A xogadora pontevedresa fíxose cos dous primeiros xogos fronte a Sonia Cunha, que reaccionou para nivelar o partido e envialo ao último set. No quinto e decisivo xogo, o dominio foi de Barcala, pero a xogadora local reaccionou para forzar o 10-10. Todo podía pasar, pero o volante quedou na rede tras un ataque da xogadora do Ravachol, pechando o partido por 9-11 5-11 11-8 11-4 10-11. Esta vitoria sitúa o Ravachol no máis alto da táboa do grupo B da División de Honra. Consulta a acta neste enlace