Luisao ve a visita do Arenas como unha oportunidade para "aspirar a algo máis"

Wait 5 sec.

Pode aspirar o Pontevedra Club de Fñutbol a algo máis que a permanencia en Primeira RFEF? De momento todos na casa granate teñen claro que o obxectivo principal segue a ser selar canto antes a salvación, pero Luisao Macías atreveuse este mércores desde a sala de prensa do Estadio Municipal de Pasarón a mirar cara ao futuro con ambición. "Aspirar a playoff agora mesmo non se valora, o obxectivo é salvar a categoría, pero se podemos seguir coa xeira e sumar tres puntos igual pódese aspirar a algo máis", destacou o atancante. "Perdemos poucos partidos, hai poucos equipos que nos meten man como di o míster, pelexamos todo até o final. Eu creo que vai haber moito partido que poidamos sacar", defende mirando primeiro cara a un Arenas de Getxo como un partido "no que hai que sacar resultado si ou si". "É o que nos vai a separar. Ao ser rival directo é mellor telos a dous ou tres partidos, que telos a un partido que logo ao final de tempada todo se axusta e van a matar todos os equipos", asegurou o futbolista cedido polo Deportivo. Un Luisao que aínda que recoñece que "ao principio si que me custou un pouco", sempre participando e achegando ao equipo, "agora si levo dous partidos no once e síntome bastante ben", confiando en poder gañar a continuidade. O xogador granate explicou tamén os motivos polos que pediu o cambio contra o Guadalajara, afectado dunha sobrecarga muscular. "Normalmente eu sobre o minuto 70, os xemelgos adóitanseme cargar, adóitanseme subir", algo que lle sucede sobre todo se as condicións do terreo son pesadas, pero é algo que espera poder "solucionar".