Os últimos traballos dos directores Albert Serra, Juan Cavestany, Belén Funes ou Eduardo Casanova están entre o dez títulos candidatos aos Premios Feroz Arrebato de ficción e Arrebato de non ficción. Aro berria, de Irati Gorostidi Agirretxe; Ciudad sin sueño, de Guillermo Galoe; Estrany riu, de Jaume Claret Muxart; Silencio, de Eduardo Casanova; e Los Tortuga, de Belén Funes; son o cinco candidatos ao Premio Feroz Arrebato de ficción. O Feroz Arrebato de non ficción, pola súa banda, será para A nuestros amigos, de Adrián Orr; Ellas en la ciudad, de Reyes Gallegos; Filmei paxaros voando, de Zeltia Outeiriño González; Madrid, Ext., de Juan Cavestany; ou Tardes de soledad, de Albert Serra. Estas dúas categorías dos Premios Feroz buscan recoñecer aquelas obras con especiais logros artísticos e achegas innovadoras nos seus respectivos campos. O nome destes premios rende homenaxe á longametraxe Arrebato de Iván Zulueta (1979), unha obra vangardista e arriscada, que chegou a ser icónica na historia do cine español. As cinco obras candidatas en cada unha destas categorías completan a listaxe de candidaturas para os Feroz 2026, que se entregarán o 24 de xaneiro en Pontevedra. Nos Feroz 2026 haberá en total 21 categorías: once de cine, sete de series, dous Premios Feroz Arrebato e o Premio Feroz de Honra, que este ano recibirá a actriz Marta Fernández-Muro. A cerimonia retransmitirase en directo en La 2 e RTVE Play e estará presentada por Petra Martínez, Samantha Hudson, Elisabet Casanovas e Antonio Durán 'Morris'.