Grandes resultados os conseguidos polo Número Phi de taekwondo no Campionato de España de Clubs celebrado en La Nucía. O club caldense participou no evento nacional con 18 deportistas regresando do campionato 5 medallas, dobrando así o logrado o ano anterior na mesma cita. Candela Crespo e Mario Rebón levaron un bronce en idade precadete, mentres que Marina Castro subiu tamén ao terceiro chanzo do podio en categoría cadete. A eles sumouse como punta de lanza Ekaterina Rebón, cun bronce na competición sub-21 e unha prata na categoría absoluta. "É un campionato especial para nós como club. Enfrontarte ao mellor do país como equipo é moi bonito. Ademais é unha viaxe que lles achega unha chea de vivencias aos deportistas e ás familias", explicou tras a competición a directora técnica do Número Phi, Lúa Piñeiro. A cita nacional serviu ademais do trinque como adestradora responsable do equipo de Arlet Ortiz.