Chegado ao ecuador da primeira fase do campionato, o Club Waterpolo Pontevedra segue a saborear o liderado do seu grupo en Primeira Nacional nunha tempada que vai camiño de ser histórica. As pontevedresas sumaron sete triunfos en sete xornadas. Ese esectacular rendemento as colocou con 20 puntos e con 5 de distancia sobre as súas inmediatas perseguidoras. Un rendemento que non pasou desapercibido non só para a Real Federación Española de Natación, cuxo director técnico Rafa Aguilar estivo presente en Rías do Sur na última xornada de liga, senón para contas e medios especializados. Un deles, o portal Waterpoll, destaca que o Waterpolo Pontevedra é un dos únicos catro equipos das principais ligas europeas que non sufriu até a data ningunha derrota. Ver esta publicación en Instagram Una publicación compartida de Waterpoll (@_waterpoll_) Compáralles de feito con dous equipos Champions como o Sant Andeu barcelonés (10 triunfos sen fallo en División de Honra, 3 en Champions e 1 na Supercopa de Europa) e o Olympiacos grego (11 vitorias na liga do seu país e 3 en Champions), ademais de con el líder do outro grupo de competición en Primeira Nacional, o Rubí catalán (7 de 7). Unha situación de privilexio que as pontevedresas porán en xogo a próxima xornada fronte ao segundo clasificado do seu grupo, o CN Cuatro Caminos. Ente encontro disputarase este próximo sábado 13 de decembro (16.15 horas) no Complexo Deportivo Rías do Sur, en Ponte Muíños.