Esta vez Alberto Pazo, creador, produtor e condutor deste podcast, lévache á historia dunha das bandas máis fascinantes e influentes das últimas décadas: os suecos The Flower Kings. "Da man do carismático e incansable Roine Stolt caracterizáronse desde os seus explosivos inicios por recrear tempos e sons do pasado, da gloriosa época do flower power –como o título dun dos seus discos– e adaptalos a unha contemporaneidade esplendorosa, cunha calidade de execución impecable por parte de todos os seus compoñentes". "Cunha carreira xa moi longa, de máis de trinta anos, nesta primeira entrega ímonos a centrar nos seus primeiros traballos que, sen dúbida atópanse entre os mellores e son obras de referencia dentro do rock progresivo contemporáneo". "A súa evolución ao longo do tempo ofrece moitas máis cousas interesantes até hoxe, pois seguen en activo e en plena forma. Pero, quizais polo novo e o impactante da súa obra nos noventa, aqueles discos teñen unha pátina máxica e evocadora que espero que experimentedes e gocedes, tanto si xa os coñecedes coma se é a primeira vez que entran no máis profundo das vosas mentes". A seguir gozando deste episodio e da comunidade de seguidores destas 'Paisaxes progresivas'.