Xuízo ao vendedor de libros acusado de arruinar a unha muller de 76 anos

Wait 5 sec.

A Audiencia Provincial de Pontevedra deixou visto para sentenza o xuízo contra Leonardo, un axente comercial da Editorial Planeta, de 38 anos, acusado de estafar case 93.000 euros a unha veciña de 76 anos. A Fiscalía sostén que o home se aproveitou da relación profesional que mantiña coa vítima para facerse cos seus datos bancarios e baleirar a súa conta durante meses, ademais de convencela despois para entregar unha colección de libros que nunca recuperou. O Ministerio Público reclama para el seis anos de prisión, unha multa de 12 meses cunha cota diaria de 15 euros e a inhabilitación especial para profesións do ámbito comercial durante o mesmo tempo. Tamén pide que indemnice á muller con 92.096 euros, cantidade que inclúe o diñeiro supostamente subtraído e o valor da colección de libros. Segundo sostén o fiscal, en marzo de 2020 o acusado obtivo a tarxeta bancaria e as claves de banca electrónica da muller, cliente habitual da editorial para a que traballaba. A partir do 3 de abril comezou a realizar numerosas transferencias e pagos non autorizados dirixidos tanto ás súas propias contas como ás doutras persoas que, segundo sostiveron no xuízo, descoñecían o uso fraudulento dos seus datos. Só durante abril, os cargos en servizos como HAL CASH e casas de apostas sumaron máis de 6.600 euros. Esta primeira fase de movementos suporía a desaparición de case 80.000 euros da conta da vítima. A suposta estafa continuou en setembro de 2020. A Fiscalía sostén que Leonardo convenceu á muller de vender unha colección de libros que adquirira anos atrás. Tras recibir os exemplares, finxiría viaxes por distintas cidades para "buscar compradores", e logrou que a muller realizase seis transferencias adicionais por 12.270 euros. A colección, valorada por un perito en 3.960 euros, nunca foi devolta. Ese mesmo mes, segundo a acusación, volveu cargar á conta conceptos como "préstamo", "compra" ou "pago avogado", ademais de novos movementos en apostas e retiradas de efectivo, por un total superior a 19.000 euros. Cando foi detido o 21 de outubro de 2020, os axentes atoparon no seu poder un cartón bancario a nome da muller. Este martes ante o tribunal provincial, Leonardo declarouse inocente. Asegurou que a muller lle prestou o diñeiro "voluntariamente", que ela mesma entregoulle un cartón que estaba vinculada a unha web de apostas e que mantiñan "una relación de amistad". Engadiu mesmo que a denunciante lle pediu que borrase as súas conversacións cando as fillas se decataron do ocorrido. A muller rexeitou con firmeza cada unha destas afirmacións. "No existía ninguna amistad. Lo conocía de Planeta", declarou ante o tribunal. Negou que entregara unha tarxeta, autorizar movementos na súa conta ou usar xamais unha páxina de apostas:"Odio el juego. Me parece algo estúpido", afirmou. Explicou que cando o vendedor estivo na súa casa deixoulle usar a súa tablet para completar a compra duns libros e que, tempo despois, comezaron a aparecer cargos estraños, "Me di cuenta tarde, desgraciadamente", lamentou. Foi a empregada de fogar quen deu a voz de alarma ás fillas da vítima ao ver "algo raro pasaba" porque a muller estaba a recibir chamadas cun ton ameazante. Ao revisar a conta, descubriron unha avalancha de movementos e un saldo que non só desaparecera, senón que estaba en negativo. "Perdió todos sus ahorros", relatou unha das fillas. "Cada vez que cobraba la pensión, desaparecía al instante". No xuízo tamén declararon compañeiros de traballo, amigos e outros clientes do acusado cuxas contas foron utilizadas como "ponte" para parte das operacións. A Fiscalía considera os feitos un delito continuado e agravado de estafa, coa circunstancia agravante de que a vítima é unha persoa especialmente vulnerable pola súa idade. A avogada da defensa pide a libre absolución argumentando que "no está acreditado que hubiera engaño"e que a Policía Nacional nunca investigou si os movementos bancarios realizábanse desde os dispositivos electrónicos do acusado.