Conta atrás para a terceira edición da San Silvestre de Soutomaior. A proba deportiva celebrarase nesta ocasión o sábado 27 de decembro, ás 17.00 horas, con saída e chegada en Talo Río. Poderán participar as persoas maiores de 14 anos, ou menores acompañados dun adulto. Todo iso nun circuíto pecho ao tráfico de case 2 quilómetros desde a Alameda de Talo Río pasando por Rosalía de Castro, Xosé Solla, Rúa Calvario, Cruceiro Calvario, Rúa Lameiriñas, Rúa do Velero, Rúa Barroncas e de novo Rosalía de Castro para finalizar en Talo Río. Tamén se habilitará un percorrido adaptado de 180 metros para que poidan sumarse á celebración persoas con diversidade funcional. As inscricións para a San Silvestre, cun máximo de 600 prazas, poderán formalizarse até o día 21 de decembro a través da web municipal, mentres que a recollida de dorsais terá lugar o luns 22, martes 23 e venres 27 no pavillón da Montesiña en horario de 16.30 a 21.30 horas, e o día da carreira entre 15.00 e 16.00 horas. A proba terá ademais un compoñente solidario ao recoller alimentos non perecedoiros que serán entregados a Cáritas. A programación da San Silvestre completarana actividades en Talo Río, sen inscrición previa, o mesmo sábado 27 de decembro, cunha masterclass de Zumba (17.45 horas) ou o espectáculo musical de DJ Sande. (19.00 horas).