Falece Roberto Araújo, exconcelleiro de Cultura e impulsor da Festa da Auga en Vilagarcía

Wait 5 sec.

A noticia do pasamento de Roberto Araújo Cortegoso causou un fondo pesar este xoves no Concello de Vilagarcía. Así o expresaron tanto no equipo de goberno como o persoal municipal que traballou con el durante a súa etapa como membro da Corporación Municipal onde, entre outras responsabilidades, exerceu o cargo de concelleiro de Cultura entre 1999 e 2007, sendo alcalde Javier Gago. O actual executivo socialista que preside Alberto Varela transmitiu as súas condolencias á familia e achegados do ex edil que foi un dos grandes impulsores da Festa da Auga a principios da década do 2000, contribuíndo a dala a coñecer en toda España con iniciativas como a irmandade co municipio de Vallecas, onde tamén se celebraba unha actividade similar. A construción do Auditorio Municipal e os primeiros convenios con Caixanova para dotalo de programación de calidade, así como a obtención da declaración Interese Turístico Nacional para as Festas de San Roque, foron algúns dos logros en materia de Cultura acadados polo Concello de Vilagarcía sendo Araújo concelleiro do ramo.