A Academia de Cine, a Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España é hoxe porque un grupo de profesionais empeñáronse en que fose. E Sol Carnicero, Marisol Carnicero estaba alí. Ela, directora de produción, foi pioneira en asumir esa función no cine español. Foi cunha longametraxe dirixida por Cecilia Bartolomeu, 'Vámonos Bárbara'. O seu "bo olfacto" ou como tamén di o caer " sempre nos mellores sitios" fixo que traballase con Chicho Ibáñez Serrador, José Luís Berlanga, Jaime Chávarri, Rafael Azcona... e con Pilar Miró. Desta última e de Sol, falamos sobre 'El crimen de Cuenca' a primeira e única película secuestrada na etapa democrática española. E outro tabú temático no cine desde hai varias décadas, a tauromaquia. Afirma que non dubidaría en producir unha película de esta temática e opina sobre 'Tardes de soledad'. Para terminar a charla entramos na súa etapa no ensino e concretamente nesa proposta de implantar na Educación Primaria a Alfabetización Audiovisual.