Na mañá deste martes 4 de novembro produciuse un accidente de tráfico na estrada EP-9206, á altura da Torre, na parroquia de Adina, no municipio de Sanxenxo. No sinistro viario víronse implicados tres vehículos, entre eles un camión de transporte. Pese ao impacto, non se rexistraron feridos, aínda que un dos turismos sufriu danos significativos nun dos seus laterais. O asfalto estaba mollado, tras as chuvias das primeiras horas da mañá. A Garda Civil de Tráfico realizou as dilixencias para esclarecer as circunstancias do accidente ao que acudían tamén efectivos de Emerxencias do Concello de Sanxenxo. Estado en que quedou un dos turismos tras o impactoConcello de Sanxenxo