O Laboratorio Ecosocial do Barbanza promove unha reactivación sostible do territorio a partir do coñecemento das comunidades locais. Presenta resultados tras cinco anos e comparte o aprendido na Casa RIA cunha exposición e unha serie de debates. As comunidades de montes da zona tomaron conciencia dos beneficios da ordenación conxunta do territorio na loita contra o abandono, a seca e os lumes