Segundo triunfo da tempada para o Arxil, ao gañar a domicilio o Manresa

Wait 5 sec.

Unha semana despois de lograr estrear o seu marcador de vitorias na Liga Feminina 2, o Club Baloncesto arxil volveu a sonreir este domingo ao imporse na cancha do Manresa CBF nun apertado partido (49-53). As pontevedresas afrontaban o seu segundo partido en poucas horas en terras catalás, tras caer o venres contra o Mataró (64-49) en duelo adiantado. Unha de cal e outra de area. No caso do choque contra o Manresa, comezou cun primeiro cuarto igualado (17-17) antes dun segundo parcial un tanto atípico. O Arxil deixou ao seu rival en só 2 puntos nese cuarto, e aínda que só anotou 7 foi suficiente para empezar a mandar no marcador. O Manresa reaccionou para chegar aos 10 minutos decisivos con todo no aire (35-38), pero as xogadoras adestradas por Marita Janeiro levaron o gato á auga ao ser mellores nos momentos decisivos. Ana Carlota Faussurier (14 puntos) e Marta Maestro (13) sostiveron ofensivamente o Arxil. Con este resulatdo o conxunto pontevedrés pega un salto até a novena posición do seu grupo. Consulta aquí as estatísticas do partido.