Paisajes progresivos #48. Voces que nos chegan do máis aló

Wait 5 sec.

Atención ao prólogo que trae Alberto Pazo para esta edición: "propóñovos un exercicio de certa nostalxia recuperando as voces daqueles que nos deixaron hai algún tempo ou máis recentemente, e que ao escoitalos acentúan un sentimento sen carga na nosa memoria musical". "Son as voces capturadas nun instante e nun contexto que nos chegan do máis aló e que removen o noso espírito: lembramos a Francesco di Giacomo, Andrew MacDermott, Gary Brooker, Boz Burrell, Greg Lake, Ian McDonald, David Longdon, Ray Thomas, Mike Pinder, John Lodge, Kim Beacon e John Wetton". "Botámolos moito de menos, pero a maxia da música radica en que nolos fai presentes cando necesitamos rememorar instantes que marcaron a nosa existencia dunha ou outra maneira. Que o gocedes, sen tristeza pero con nostalxia". Sempre é recomendable non perderse este podcast de 'Paisaxes progresivas'; pero esta vez, e despois de ler todos eses nomes... non facelo queda baixo a túa responsabilidade.