Elsa Muñiz é unha artista boirense que este próximo sábado 15 de novembro presentará o seu último traballo, 'New beginnings', no Café Moderno de Pontevedra a partir das 20.00 horas. Con este último proxecto amplía o ámbito da pianista e compositora xa que introduce un concepto: o 'pianotelling'. "É unha marca que creei especificamente para transmitir a música instrumental dunha maneira diferente e máis achegada a todas as xeracións e a todos os públicos", explica no podcast 'Cara a cara'. A través do 'pianotelling' combina breves relatos con música para piano. E esas narracións están plasmadas en papel mediante caligramas, (o texto está escrito de tal maneira que debuxa aquilo ao que se refire). Por iso é polo que 'New beginnings' saia á venda en forma de disco-libro. Conversamos sobre a súa traxectoria profesional, que está centrada actualmente na da artista e que aparcou a de profesora. Sobre o traballo da compositora e a pianista e tamén sobre a difusión e achegamento á música clásica, á música orquestral, que poden ter discos como o recente 'Lux' de Rosalía. Botando a vista atrás, fala do seu primeiro álbum, 'Memories' de 2018 e dunha peza moi persoal, 'Presentimento', cuxo videoclip gravouse sobre a batea en que traballaba o seu pai e que obtivo o respaldo e promoción de Alimentos de España.