Educación en novas masculinidades nas aulas de Poio polo 25N

Wait 5 sec.

Este mes intensifícase a acción contra as violencias de xénero coa posta en marcha do obradoiro "Desarmando masculinidades, reconstruíndo feminidades" no IES de Poio, dentro da campaña municipal polo Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O alcalde, Ángel Moldes, e a concelleira de Igualdade e Benestar, Natividad Torres, participaron na primeira das sesións dirixidas ao alumnado de 4º da ESO, que se desenvolverán ao longo de novembro no centro educativo. A proposta, que convida a repensar e cuestionar roles de xénero tradicionais, súmase a unha programación que inclúe máis dunha decena de iniciativas para a prevención, sensibilización e concienciación. O lema deste ano, "Construíndo o home do futuro. 25N, novas masculinidades", pon o acento na mocidade e na educación en valores como ferramentas clave para loitar contra a desigualdade. Entre as actividades, destacan obradoiros que abordan as construcións sociais do xénero, permiten explorar referentes alternativos e favorecen a creación de narrativas máis libres a través do xogo simbólico. O alumnado participa en dinámicas que promoven a reflexión sobre as emocións e vivencias propias e contribúen a desmontar crenzas que limitan. A programación municipal inclúe tamén a Andaina Violeta, que terá lugar o domingo 23 entre a Praza da Chousa de Combarro e Campelo, con inscrición aberta en igualdade@concellopoio.org. Obradoiro no IES de Poio sobre novas masculinidadesConcello de Poio Ademais, nos centros de ensino celebraranse sesións sobre o impacto dos influencers e youtubers na percepción dos menores, contacontos sobre prevención da violencia e ciberseguridade, e talleres para identificar riscos asociados a determinadas aplicacións de Intelixencia Artificial. Tamén está previsto un curso de autoprotección e defensa persoal para mulleres e as xornadas "Tolerancia 0 a calqueira idade" destinadas ao público maior.