Borela convida a degustar este sábado o Bolo de San Martiño

Wait 5 sec.

A aldea de Borela prepárase para acoller este sábado 15 de novembro a XXVII edición da Festa do Bolo de San Martiño. A xornada comezará ás 13:00 horas cunha misa solemne e unha sesión vermú amenizada polo grupo Os Afoutes do Canón de Pau. Pola tarde, a partir das 19:00 horas, terá lugar a tradicional degustación do bolo de San Martiño, acompañada de sardiñas asadas, magosto e música do grupo de gaitas As Foutiñas. A festa continuará pola noite cunha verbena animada polo trío Tic-Tac e o dúo Prisma, e todos os asistentes poderán desfrutar dunha queimada gratuíta. O recinto contará cunha carpa cuberta e servizo de bar para garantir o confort baixo calquera condición meteorolóxica, segundo indica a organización. Presentación da Festa do Bolo de San MartiñoConcello de Cerdedo-Cotobade O bolo tradicional é un doce típico de Borela conta na súa composición con fariña de millo corvo e centeo, uvas pasas, figos, azucre e anís. O alcalde de Cerdedo-Cotobade Jorge Cubela quixo destacar a importancia da festa como símbolo de identidade local e agradeceu o labor da comisión organizadora, dos negocios e das asociacións que fan posible o evento, animando a participar nesta cita do outono galego.