Cara a cara #679. Juan del Val e Ángela Banzas, os Planetas2025

Wait 5 sec.

'Vera una historia de amor' e 'Cuando el viento hable' son as novelas gañadora e finalista do Premio Planeta 2025. Charlamos con Juan del Val e Ángela Banzas, autores dos respectivos libros e premios. 'Vera una historia de amor' é a quinta novela de Juan del Val en solitario (suma outras dúas asinadas coa súa parella, Nuria Roca). 'Cuando el viento hable' é tamén a quinta novela da galega Ángela Banzas, quen repite no podcast 'Cara a cara' por terceira vez. Dous estilos de narrar moi diferentes, reflectidos nas súas respectivas e premiadas novelas; que ofrecen aos lectores dúas historias igualmente diferentes. Del Val ten como protagonista a Vera, unha muller de mediana idade, da alta sociedade sevillana que busca liberarse da vida que levou até agora. Unha liberación que terá consecuencias para ela e para outras persoas da súa contorna. Banzas, instala a narración na Compostela de posguerra, onde unha nena, Sofía, vive prisioneira de segredos familiares, misterios e só é libre ante o poder da imaxinación.