Alfonso Rueda, de 'retiro' con todo o seu goberno na pousada de Armenteira

Wait 5 sec.

Até a pousada de Armenteira, en Meis, desprazouse todo o goberno galego este sábado para manter unha reunión de traballo liderada polo seu presidente, Alfonso Rueda. Rueda e todos os seus conselleiros chegaron ao mediodía a Meis, onde quixeron pasar un 'retiro' de fin de semana para avanzar nas principais liñas de acción que impulsarán en 2026. É a segunda vez que o titular da Xunta convoca aos seus compañeiros de goberno a un retiro destas características. O anterior foi no palacio de Sober (Lugo). Tras protagonizar unha sesión de fotos en familia, ás portas da pousada, Alfonso Rueda e os doce titulares das consellerías encerráronse para celebrar diversas reunións internas. O obxectivo deste encontro de dous días, sinalaron desde a Xunta de Galicia, é o de acordar as prioridades de cada un dos departamentos. Retiro do goberno galego na pousada de ArmenteiraXunta de Galicia Defenden que hai moitas cuestións que tratar, sobre todo, ao estar a se tramitar os orzamentos do próximo ano. Reforzar a cooperación entre consellerías ou manter un diálogo "fluído e constante" entre os membros do goberno son outras das liñas de traballo para estes días. Así, cada conselleiro e conselleira explicará os seus principais ámbitos de actuación. O propio Rueda comparecerá este domingo ante os medios para dar a coñecer as conclusións que se alcancen durante este retiro. [galleries:vertical:10860]