Un traballador é evacuado na lonxa de Tragove ao ser atropelado por un touro elevador

Wait 5 sec.

Durante a madrugada deste venres 14, o Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados actuou nun accidente laboral rexistrado na lonxa do porto de Tragove, no municipio cambadés. O traballador J.L.P.R., de 59 anos, foi derivado ao Hospital Salnés pola ambulancia do 061 para ser atendido das feridas sufridas. Segundo fontes de emerxencias, o home resultou atropelado por un touro elevador mecánico. O vehículo causaba danos nun dos pés do traballador. Na intervención colaborou a Policía Local de Cambados.