A nova actualización do Dicionario, que suma xa máis de 58.000 entradas, inclúe neoloxismos e voces populares ata agora non recoñecidas, como feísmo ou surfear, e tamén expresións como a descomán. Igualmente, resolve dúbidas frecuentes coa suma de adictivo, que se diferencia de aditivo.