A presenza de chuvia durante estes días de borrasca fai saltar a alarma na zona de acceso do alumnado máis novo ao CEIP Froebel de Pontevedra, onde a cuberta instalada non impide que a auga caia con forza. Este acceso situado nun lateral do centro escolar é a zona por onde os escolares de menor idade entran e saen cada día do centro, acompañados por familiares. Familias con alumnado desas idades amosan a súa preocupación porque o pavimento, coa chuvia, é esvaradizo e está en pendente. Ao carecer dun tratamento antiescorregadizo, segundo indican, existe o perigo de que se produzan caídas dos escolares ou dos familiares en días como os desta semana de fortes chuvias. Indican que o mantemento deste espazo do centro é deficiente, unha vez que se solventaron as pingueiras no patio interior e noutros puntos do edificio. Pingueiras nun acceso ao CEIP FroebelPontevedraViva A Consellería de Educación realizou durante o curso 2024-25 a reforma do CEIP Froebel cun investimento de 1,14 millóns de euros Durante esa intervención integral se incluía a reparación das cubertas, renovación dos aseos e mellora do illamento, pero a situación da entrada segue a xerar preocupación entre a comunidade escolar nos días de chuvia.