Pontón defende o naval galego e explica "o proxecto de goberno do BNG" ante o presidente do Uruguai

Wait 5 sec.

A portavoz nacional do BNG é recibida por Yamandú Orsi en pleno conflito do goberno uruguaio co estaleiro vigués Cardama e aposta polo "diálogo para atopar unha solución": "O noso sector naval é un referente do bo facer". Na véspera da chegada de Pontón, o presidente da Xunta chamou o mandatario uruguaio: "Preguntou como estaba a cousa, non cometeu a imprudencia de meterse nun tema que é de negocios"