Dalisson lembra o Pontevedra ao recibir o Premio AFE: "Sen eles non tería conseguido isto"

Wait 5 sec.

A Asociación de Futbolistas Españois (AFE) entregou este luns os Premios AFE, na súa cuarta edición, para recoñecer os xogadores máis destacados da pasada tempada. Entre eles atopábase Dalisson de Almeida, polo seu espectacular ano co Pontevedra que logrou o ascenso como campión de grupo e que marabillou na Copa do Rei. O hispano-brasileiro, agora nas filas de Córdoba de Segunda División, non puido acudir á gala pero gravou un pequeno vídeo de agradecemento polo premio. Nel deixou unha mensaxe agarimosa cara ao club granate que defendeu durante dúas tempadas. Dalisson quixo "agradecer á AFE e a todos os compañeiros do Grupo I Segunda RFEF do ano pasado por terme votado", xa que foron eles os que o escolleron como futbolista máis destacado do ano no citado Grupo I. Ademais lembrou a "todos os meus compañeiros do Pontevedra e a toda a entidade, porque sen eles non tería conseguido isto". 🏆 Premio a Mejor Jugador de Segunda Federación. 🔝 Grupo 1️⃣ - Dalisson de Almeida. pic.twitter.com/lanObrv0ox — AFE (@afefutbol) November 10, 2025 De Almeida disputou o pasado curso 32 partidos co Pontevedra entre Liga e Copa do Rei, 27 deles como titular e sumando 13 goles como máximo artilleiro do equipo. Algúns deses goles foron decisivos para o gran ano dos da Boa Vila, como o logrado no transcendental choque contra o Numancia en Pasarón ou os conseguidos en Copa para eliminar ao Villarreal e ao Mallorca de Primeira División.