Trescentos elementos luminosos para un Nadal que Vilagarcía acenderá o 29 de novembro

Wait 5 sec.

Boa parte das luces que adornarán as rúas Vilagarcía durante o Nadal xa están no seu sitio. Os operarios de Iluminaciones Santiaguesas levan semanas instalando toda esta decoración. Serán, en concreto, preto de trescentos elementos luminosos que chegarán a máis dun centenar de rúas, tanto do centro urbano como do rural. Inclúen arcos luminosos, tiras led, grupos de bolas, boas, coroas, figuras tridimensionais ou adornos de fachadas, entre outros motivos. A todos eles sumarase a decoración que despregue directamente o Concello, que inclúe elementos de xardinería ou a tradicional aldea de Nadal. Desde a concellería de Cultura confían en que a decoración "estará á altura da cidade" e contribuirá "a crear ese ambiente de ilusión típico desta época do ano". O acendido da iluminación será o 29 de novembro, ás sete da tarde, na Praza de Galicia. Como xa é habitual, Papa Noel e os seus axudantes non se perderán a celebración. Como novidade deste ano, haberá animación de rúa dende as 17:00 horas da tarde. Máis de corenta persoas desfilarán polo centro de Vilagarcía coa intención de ir quentando motores de cara ao acendido. Ás seis da tarde 18:00 horas reuniranse na Praza da II República con Papa Noel e sairán cara á Praza de Galicia. Alí estaraos esperando o alcalde, Alberto Varela, e outros membros do goberno local. O trineo subirá a plataforma para colocarse no interior do gran árbore de Nadal que coroará a praza e, desde alí, Papa Noel recibirá aos nenos e nenas que desexen trasladar as súas peticións de agasallos. Ao mesmo tempo, a Escola de Música Coda realizará un espectáculo musical creado en exclusiva para este día e no que se inclúe algunha sorpresa que promete non deixar a ninguén indiferente.