Vaipolorío fai practicable o Camiño do Couto e convida á veciñanza a descubrilo

Wait 5 sec.

Persoas voluntarias da Asociación Vaipolorio fixeron este sábado practicable o sendeiro polo río Gafos que comunica a rúa Otero Pedrayo coa avenida Josefina Arruti. É un camiño duns 150 metros que pasa pola "xoia patrimonial" da Ponte do Couto. Para isto tiveron que rozar este novo tramo de sendeiro cun ancho aproximado de metro e medio e retirar logo todo o lixo. Agora Vaipolorío convida a toda a veciñanza "a camiñar e descubrir este espazo de dominio público". Compre ter presente que neste enclave, ata hai ano e medio, houbo un asentamiento chabolista. Lembran tamén que está pendente que o Concello de Pontevedra retire as árbores caídas sobre o leito do río e mellore a rede de saneamento que discorre pola outra marxe do sendeiro. Dende Vaipolorío non deixan de sorprenderse con algunhas das cousas que se atopa no Gafos, neste caso foi o método que estase utilizando no Concello para que as tapas dos sumidoiros non boten fóra as augas fecais "unha pletina de 80 x 40 x 1 cms amarrada con dous parafusos". "Non perdamos a capacidade de asombro! Que siga o enterro!", din con retranca dende o colectivo ecoloxista. Tapa de alcantarilla suxeita con parafusos Vaipolorío