O número de estudantes con necesidades educativas especiais aumentou un 12% entre o curso 22-23 e o 23-24, cunha suba do 47% dende o 21-22. O alumnado con necesidades específicas de apoio pasou de 31.892 no 22-23 a 36.660 no 23-24, un 15% máis. Son moitos os centros de ensino con mobilizacións para reclamar refozos de profesorado e persoal de apoio para atender estas situacións