Até o Parador de Pontevedra achegouse este xoves a ex presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre. Facíao para presentar na cidade o seu último libro, Una liberal en política, no marco dun xantar-coloquio organizado polo Rotary Club. Arroupada polo seu presidente, Luís Quiles, e pola senadora do PP Pepa Pardo, Aguirre atendeu aos medios de comunicación nada máis chegar e non dubidou en destacar que "me encanta Pontevedra" e que lle parece unha cidade "espectacular y maravillosa". "Pero yo soy más de La Toja", engadiu, ao lembrar que visita esta illa do Grove cada verán para participar nun dos torneos de golf que se celebran neste enclave. Non era esta a primeira vez que visitaba a cidade do Lérez. Esa foi "hace muchísimo tiempo", sostivo a política madrileña, porque "existía todavía Caja Madrid y el presidente era Jaime Terceiro -pontevedrés que presidió la entidad entre 1988 y 1996-, o sea que fíjate". Anos máis tarde volveu a Pontevedra en varias ocasións para apoiar aos candidatos locais do PP en diversas campañas electorais, segundo rememorou. Esperanza Aguirre participa en Pontevedra nun acto do Rotary ClubCristina Saiz "Pensé que aquí iba a diluviar y mira cómo estamos. Hace un tiempo maravilloso", engadiu. Agora que, segundo apuntou, "no estoy en la primera fila porque la dejé voluntariamente", asegura que seguirá en política "mientras Dios me de salud", participando en faladoiros en radio e televisión ou escribindo libros como o que presentou no Parador. "Tengo ahora un pódcast, como lo llaman los modernos, que se llama El Rincón de Espe y en el que entrevisto a personalidades", explicou unha Esperanza Aguirre que entende que, nestes momentos, "es cuando hay que estar más presente". Cando Pedro Sánchez converteuse en presidente do Goberno, confesou Aguirre, "pues no me pareció mal" porque pensou que "iba a ser un señor socialdemócrata, al estilo de Tony Blair", aínda que agora o ve máis próximo ao "caudillismo". Lamentou que unha persoa que dixo que "nunca jamás" gobernaría con Podemos nin que tampouco pactaría cos independentistas vascos, "a Pablo Iglesias le hizo vicepresidente nada más llegar y hoy Bildu es el socio más leal que tiene". Esperanza Aguirre participa en Pontevedra nun acto do Rotary ClubCristina Saiz A ex presidenta madrileña censurou que Sánchez tras "colonizar" todas as institucións públicas "se haya puesto ahora la toga de juez"para ditaminar que o fiscal xeral do Estado é inocente "aunque haya borrado su móvil como hacen los delincuentes". A iso sumou que, despois dos seus ministros ou os seus "adláteres" usen diñeiro público "para pagar prostitutas y viajes", o Goberno está a comprar "con nuestro dinero" acciones empresas privadas como Teléfonica ou Indra, esta última responsable do reconto electoral "y a mí eso me preocupa mucho". "Ojalá que sea cierto lo que ha dicho Junts, que ellos aceptarían una moción de censura que no tuviera otro objetivo que convocar nuevas elecciones", sentenciou Aguirre, que apelou a que o PP explore esa vía para "librarnos de dos años de Pedro Sánchez". O único punto do programa nesa hipotética moción de censura tería que ser, insistiu, "convocar elecciones en una semana y no quedarse en La Moncloa". Como candidato chegou a pór varios nomes encima da mesa, o do ex presidente do Goberno, Felipe González, ou o dun dos 'pais' da Constitución, Miquel Roca, "que ha estado en el mismo partido que Junts y me parece que haría honor a su palabra". [galleries:vertical:10851]