Castelao será o centro das miradas dunhas xornadas de historia que se celebrarán en Pontevedra

Wait 5 sec.

Baixo o título 'A nosa historia facémola Nós', Pontevedra acollerá a quinta edición da Xornada de Historia organizada polo sindicato CIG e a Asociación Sociopedagóxica Galega. Nesta ocasión, segundo avanzaron os organizadores, o evento estará centrado na figura de Castelao. Será o próximo sábado 22 de novembro, a partir das dez da mañá, na sala de usos múltiples do Teatro Principal. Haberá capacidade para unhas setentas prazas, todas elas gratuítas, e será preciso incribirse previamente. Esta xornada, segundo destacou o concelleiro responsable da área de cultura, Demetrio Gómez, promete ofrecer unha visión "bastante ampla" ao redor de Castelao, tratando o autor desde diferentes ámbitos e desde unha perspectiva "moi orixinal". Isolina Couso, unha das súas coordinadoras, explicou que a organización sempre celebraba esta xornada en Santiago, pero nesta ocasión optaron por Pontevedra por ser o Ano Castelao, ao que o goberno municipal está dedicando unha ampla programación. A xornada comezará, ás 10:00 horas, coa participación de Xesús Ron, que explicará o achegamento ao proceso de creación da compañía teatral Chévere, que prepara unha obra de teatro que usa como fío conductor o cadro A derradeira leición do mestre de Castelao. A continuación, sobre as doce do mediodía, a xornalista María Obelleiro entrevistará a Tareixa Navaza, que foi a persoa que retransmitiu, en 1984, a chegada dos restos de Castelao a Santiago, un evento que forma parte da historia de toda Galicia. "Sabedes que naquel momento ela tivo tuvo moita valentía e moita lealdade", sostivo Couso, que recordou que chegou a ser represaliada por esta retransmisión "tan valente". O Castelao debuxado será o protagonista no arranque da sesión da tarde, na que a partir das 16:00 horas, participará Inacio, un dos autores dunha banda deseñada que sairá proximamente e que profundizará en determinados aspectos da biografía do intelectual galego. A xornada concluirá cun roteiro guiado polo historiador Roberto Rivas pola Pontevedra de Castelao, achegando aos participantes a todos os lugares polos que o escritor manifestou un "especial apego", especialmente o Museo de Pontevedra, custodio do seu legado.