O Concello de Marín anuncia a nova data para a celebración do Samaín na Finca de Briz: será o sábado 22 de novembro, despois de ter que adiarse polas malas condicións meteorolóxicas. Desde as 18:30 horas o espazo abrirá as portas con actividades pensadas para o público infantil e adulto, como pintacaras, xogos, animación musical e moitas sorpresas. Ao longo da tarde, haberá rutas temáticas como a Casa das Bonecas Terroríficas e As Portas do Alén. Tamén están previstas estacións do medo, espectáculos en dous pases (19:00 e 21:00 horas) e a tradicional queima das meigas ás 23:00 para pechar a festa. Non faltarán postos de comida, ambientación musical e novidades para toda a familia durante a celebración. Desde o Concello de Marín agradecen a colaboración nesta actividade da Fundación Juan XXIII, comparsas Os da Caña, Val do Lérez, Cor Café, As Sonecas e A Pandilla, ademáis de CD La Peña.