O Gran Premio Cidade de Pontevedra, incluído por sexto ano na Copa de España de Ciclismo

Wait 5 sec.

A Real Federación Española de Ciclismo deu a coñecer este venres as datas e sedes de Copa de España Féminas de Estrada do ano 2026. Unha competición nacional na que aparece por sexto ano consecutivo a Boa Vila co Gran Premio Cidade de Pontevedra. Máis de 400 ciclistas e 40 equipos participaron na última edición do evento, con saída na Avenida das Corvaceiras e un circuíto que chegaba até a Marín co Alto da Porteliña como punto máis decisivo. Nesta ocasión a proba pontevedresa será a cuarta puntuable das nove previstas en toda a Copa de España, unha das dúas únicas en territorio galego. Disputarase concretamente o domingo 12 de abril. O calendario completo da Copa de España Féminas é o seguinte: 15 de marzo / G. P. Cantabria Deporte – X Trofeo Ciclismo Femenino Villa de Noja / Noja (Cantabria) 22 de marzo / VI Igartza Sari Nagusia – Gran Premio Igartza 2026 / Beasáin (Gipuzkoa) 11 de abril / Copa de España Féminas – Comarca Brigantina / Betanzos (A Coruña) 12 de abril / Gran Premio Cidade de Pontevedra 2026 / Pontevedra 19 de abril / Cursa Ciclista Femenina "Ombria del Benicadell" / Adzaneta d'Albaida (Valencia) 9 de maio / III. Legutioko Saria / Legutio (Álava) 6-7 de xuño / VIII Trofeo Femenino Ayuntamiento de Estrella – Emakumeen VIII Saria Lizarrako Udala / Estella-Lizarra (Navarra) 13 de xuño / V Trofeo Residencia Santa Ana Abanilla / Abanilla (Murcia) 11 de xullo / III G. P. León / León