España Sub-17 golea a República Checa en Baltar con Mateo Sobral no once

Wait 5 sec.

A Selección Española Sub-17 deixou o seu sinal este xoves en Portonovo no primeiro dos dous encontros amigables que xogarán esta semana nas Rías Baixas fronte ao combinado nacional da República Checa. O campo de Baltar acolleu ese primeiro amigable nunha xornada pasada por auga, e que pese ao bo estado inicial do terreo de xogo terminou afectando o verde. España, adestrada polo exfutbolista profesional Sergio García, impúxose por un claro 4-1, e fíxoo ademais co único galego na convocatoria partindo desde o once inicial. Trátase de Mateo Sobral, centrocampista de Soutomaior que milita no equipo xuvenil de División de Honra do RC Celta e que xa chegou a ir convocado co filial de Primeira RFEF. Sobral disputou os primeiros 63 minutos do choque, antes de ser substituído por Enzo Alves no que supón o seu primeiro encontro coa Selección Sub-17. Partido entre España e República Checa Sub17 en BaltarRFEF O equipo español marchou 2-0 ao descanso cun dobrete de Roberto Tomás, e aínda que ao comezo do segundo acto recortaría distancias a República Checa, chegarían despois dous goles máis obra de Marc Martínez e Ablaye Samb para o definitivo 4-1. O encontro, presenciado en directo polo presidente da Real Federación Española de Fútbol, Rafael Louzán, contou con acceso de balde para o público. Tras esta cita a concentración da Selección Española Sub-17 pecharase o vindeiro domingo 16 de novembro co segundo duelo contra o conxunto checo, esta vez no Municipal de San Pedro, en Vilalonga, a partir das 11.00 horas. Selección Españonda Sub17 en BaltarRFEF