Aurora Marco publica en Alvarellos un ensaio sobre a mestra, detida pouco depois do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, encarcerada en Pontedeume e executada. Era "unha mestra vocacional, unha renovadora pedagóxica, unha muller progresista, militante socialista, afervoada defensora dos dereitos femininos", destaca Marco, que subliña que o papel das ensinantes ficou moitas veces "invisibilizado".