"Dinamarca era unha especie de utopía futurista para o galeguismo, unha Galiza ideal"

Wait 5 sec.

O autor publica canda a Xosé Manuel Beiras un libro que recupera e deita luz sobre os primeiros traballos científicos do líder nacionalista, de 1959, centrados no cooperativismo de base agropecuaria desenvolvido no país nórdico, o gran modelo económico dos galeguistas no primeiro terzo do século XX. A obra inclúe tamén un repaso pola vida e a formación intelectual do político e economista na súa primeira etapa.