Política Social ofrece aos concellos 16 euros por hora da axuda no fogar, que xa custa 22

Wait 5 sec.

A Xunta accede a subir dos actuais 12 euros a 14 o ano vindeiro, un máis en 2027 e 16 no remate da lexislatura. A Fegamp urxe a Consellería a asumir o 100% do servizo, cuxos contratos adxudicados en 2022 superan os 22 euros por hora de media. Os Orzamentos de 2026 prevén 148 millóns para o SAF, 8 máis que en 2025, ano durante o cal Política Social leva retirados 17 desta partida para pagar axudas a familiares que coidan persoas dependentes na casa. O Bloque emenda as contas para sumar 15 millóns adicionais